Este ano 2020, en que a pandemia causada por un novo coronavirus se estendeu por todo o Mundo con severas consecuencias sanitarias e tamén económicas, o 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, é o momento en que, desde a Valedoría do Pobo, se fai un chamamento aos poderes públicos e á sociedade enteira para que se conciencien da particular incidencia que a COVID-19 tivo sobre as persoas pobres, na súa saúde e na súa situación económica.
As persoas pobres, como titulares de todos os dereitos inherentes á condición humana, e as asociacións que as representan, deben poder participar no proceso de reconstrución social e económica co fin de que se visibilicen as súas aspiracións, expectativas e preocupacións, de que as mesmas sexan tomadas en consideración en todas as políticas públicas, e de que a crise sanitaria e económica non lles traia consigo máis desigualdade, e máis desesperanza.
The comments are closed.