COMUNICACIÓN DA VALEDORA DO POBO ANTE A VAGA DE LUMES QUE ASOLA GALICIA

16 Outubro, 2017 Medioambiente, Novas

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2016

A Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, quere trasladar a súa mensaxe de pésame aos familiares e persoas achegadas das tres vítimas mortais que ata o de agora se contan en Galicia a consecuencia da vaga de lumes que asolou a nosa comunidade nas últimas horas.

A institución agradece o labor intenso de extinción despregado polos equipos de emerxencia que traballan sobre o terreo así como a solidariedade do pobo galego que non dubidou en axudar a sofocar os lumes nesta xornada de loito para a comunidade.

Milagros Otero mantense en contacto coa Xunta de Galicia, a Delegación do Goberno e os concellos máis afectados para ofrecer o seu apoio e canta axuda sexa precisa para paliar os estragos que a vaga de lumes ocasionou esta fin de semana.

A institución decidiu suspender a axenda de actos e permanece atenta ás necesidades que as persoas afectadas lle poidan trasladar nas próximas horas.

O Valedor do Pobo decidiu abrir un servizo especial de atención telefónica á cidadanía que teña dúbidas sobre como actuar ou a quen dirixirse nesta situación de emerxencia. O teléfono que se pon ao seu dispor é o: 981 569 740.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal