Santiago de Compostela. 15 de marzo de 2022.-
Ángel Gabilondo, Defensor del Pueblo, e Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, mantiveron esta mañá una xuntanza de traballo nas instalacións da Valedoría no marco da primeira visita oficial a Galicia desde a toma de posesión do novo defensor en novembro do ano pasado.
Ambas as dúas institucións coincidiron en valorar moi positivamente a boa relación existente e flixaron como obxectivo abondar na colaboración mutua naqueles suntos que requiran da intervención conxunta.
Dolores Fernández Galiño coincidiu con Ángel Gabilondo na oportunidade de crear escenarios de encontro e de interlocución fluida para incrementar a eficacia da misión de institucións que coinciden plenamente nos seus obxectivos fundacionais.
The comments are closed.