Colaboración da Valedora do Pobo coa EAPN-Galicia (Rede europea contra a pobreza e a exclusión social) na conmemoración do 17 de outubro, Día Internacional para a erradicación da Pobreza Extrema

18 Outubro, 2021 actualidade, Novas, Novas

2021 marca o 33º aniversario da designación do 17 de outubro coma Día Internacional para a erradicación da Pobreza Extrema. Desde a  Valedoría  do  Pobo compartimos a recomendación de Nacións Unidasde abordar actuacións conxuntas para lograr xustiza social e ambiental para todas as persoas, no marco da resolución 47/196, da Asemblea  Xeral de Nacións Unidas que convida a dedicar esta data a presentar e promover actividades concretas de erradicación da pobreza e a  indixencia.

Nesta liña, o luns 18, asinarase un Protocolo de colaboración entre a  Valedoría  do  Pobo e a  EAPN-Galicia (representación galega da Rede Europea contra a pobreza e a exclusión social). O  obxecto do citado protocolo é:

“Promover a cooperación entre  ambas as partes e desenvolver actividades  conxuntas en ámbitos nos que exista un interese común. Entre  eses  obxectos  atópanse a  posibilidade de intercambiar información  ou  actuacións que consideren de interese común no exercicio das súas  funcións.  EAPN-Galicia facilitará  tamén o acceso das  súas entidades  membro e das  persoas en pobreza  ou exclusión á  Valedora  do  Pobo. Este intercambio de  informacións  ou  actuacións  producirase  sempre  sen  prexuízo da independencia de ambas as partes para ou  exercicio das  súas respectivas  funcións.

As partes  poderán organizar  conxuntamente,  ou mediante a colaboración da  outra parte, eventos  ou  reunións sobre a promoción e, ou  desenvolvemento dos  dereitos das  persoas en situación de  vulnerabilidade, e, para o  seguimento e control dos  acordos adoptados  neste protocolo, así como a programación e convocatoria das actividades,  constituirase  unha comisión mixta”.

A sinatura deste protocolo farase nun acto aberto aos medios de comunicación, a partir das 10 h. na Biblioteca da Valedora do Pobo. Deseguido, terá lugar unha reunión  de traballo na que representantes da  EAPN- G expoñerán as conclusións do Encontro de Participación, celebrado en setembro, onde se abordaron os problemas máis perentorios relacionados coa vivenda, a fenda dixital ou a  exclusión financeira, onde se  recollen as principais preocupacións das 48 entidades  galegas e catro plataformas de Ongs que asinaron o  manifesto da #EmerxenciaVivenda.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal