Cumprindo os nosos compromisos de transparencia e de publicidade activa, a continuación atopará toda a información sobre a programación da axenda institucional da valedora do pobo, Milagros Otero Parga, para o presente mes de marzo
Martes, 8 de marzo 16
11.45 horas. O adxunto da institución, Pablo Cameselle, asiste aos actos institucionais convocados pola Secretaría Xeral de Igualdade con motivo do 8 de marzo, Día da Muller. Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.
14.15. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, desprázase a Lugo para asistir ao almorzo de entrega do premio Puro Cora de periodismo fallado polo grupo El Progreso. Instalacións de El Progreso no Polígono industrial de O Ceao en Lugo.
Mércores, 9 de marzo 16
11.00 horas. A valedora e o adxunto da institución asisten á toma de posesión dos novos membros do Consello de Contas, Constantino Carreiras Souto e Beatriz Rodríguez Fraga. Parlamento de Galicia. Santiago.
13.00 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, recibe a visita dun grupo de estudantes de Comunicación da Universidade de Santiago que realizarán unha entrevista no marco da colaboración que esta institución mantén para co proxecto de investigación das tres universidades galegas sobre Educomunicación. Sede do Valedor do Pobo. Santiago.
Xoves, 10 de marzo 16
9.30 horas. O alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso, visita á valedora do pobo para tratar asuntos que afectan a este concello tratados nas queixas. Sede do Valedor do Pobo. Santiago.
13.00 horas. Visita de representantes do grupo municipal socialista de O Bolo para tratar coa valedora asuntos que afectan a ese concello e tratados en diferentes expedientes. Sede do Valedor do Pobo. Santiago.
Sábado, 12 de marzo 16
20.15 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, asiste á lectura do pregón da Semana Santa compostelana invitada pola xunta de confrarías de Santiago. Igrexa de San Agustín. Santiago de Compostela.
Luns, 14 de marzo 16
10.00 horas. A valedora do pobo reúnese co concelleiro de educación e cidadanía do Concello de Santiago, Manuel Dios Diz, sobre asuntos obxecto de queixa. Sede do Valedor do Pobo
11.00 horas. Unha representación do Grupo provincial popular da Deputación de Pontevedra reúnese coa valedora do pobo para achegar información relativa a unha queixa. Sede do Valedor do Pobo
13.00 horas. Visita de Isabel García, vicepresidenta da asociación periodística P Estudio á valedora do pobo. Sede do Valedor do Pobo. Santiago de Compostela
Martes, 15 de marzo 16
10.00 horas. Un grupo de profesores da Universidade da Coruña reúnense coa valedora do pobo para tratar cuestións relacionadas coas dificultades de promoción do profesorado no ente académico. Sede do Valedor do Pobo
Luns, 28 de marzo de 16
10.00 horas. Visita dun grupo de profesores acreditados a catedráticos da Universidade de Santiago para dar a coñecer a súa situación á valedora. Sede do Valedor do Pobo.
12.00 horas. O adxunto da institución, Pablo Cameselle Martínez, asiste en Vigo ao acto de homenaxe con motivo do Día da Reconquista organizado polo Concello. Praza da Independencia. Vigo.
Martes, 29 de marzo 16
13.00 horas. Visita dos promotores do primeiro sindicato xitano creado en España para dar a coñecer á valedora os seus obxectivos. Sede do Valedor do Pobo.
16.45 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, pronuncia unha conferencia na duodécima edición das Xornadas Sociedade e Dereito sobre “Muller, política e igualdade”. O título do relatorio é: “A valedora do pobo, alta comisionada para a defensa dos dereitos humanos”. Facultade de Dereito de Ourense.
20.00 horas. O adxunto, Pablo Cameselle, asiste á entrega de galardóns a vigueses distinguidos e á lectura do Bando da Reconquista organizada polo Concello de Vigo. Teatro A Fundación de Vigo.
Xoves, 31 de marzo 16
17.00 horas. Representantes da Plataforma Casas Vellas en defensa da fraga de Catasós achéganse a valedora para actualizar os datos sobre a afectación desta fraga por parte dunha liña eléctrica. Sede do Valedor do Pobo.
Meses anteriores
The comments are closed.