Axenda institucional da valedora do pobo: Xaneiro 2016

19 Xaneiro, 2016 Eventos, Institución, Novas

Cumprindo os nosos compromisos de transparencia e de publicidade activa, a continuación atopará toda a información sobre a programación da axenda institucional da valedora do pobo, Milagros Otero Parga, para o presente mes de xaneiro

Xoves, 7 de xaneiro 16

13.00 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, recibe ao alcalde de Santiago para tratar asuntos das políticas municipais que preocupan á cidadanía.

Venres, 8 de xaneiro 16

10.30 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, desprázase á Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago para ser entrevistada polo equipo de radio en “Conversas en Fonseca”.

13.00 horas. A titular da institución preside unha xuntanza de traballo con representantes de familias que reclaman melloras na atención educativa domiciliaria prestada na nosa comunidade.

Luns, 11 de xaneiro 16

18.00 horas. O adxunto da institución do Valedor do Pobo, Pablo Cameselle, asiste, en representación desta, á presentación do libro: “Xerardo Fernández Albor. Descursos parlamentarios” no Parlamento de Galicia.

Martes, 12 de xaneiro 16

12.00 horas. Visita de alumnos do IES Pedro Floriani de Redondela á institución do Valedor do Pobo.

Sábado, 16 de xaneiro 16

20.00 horas. Con motivo do 125 aniversario da morte de Luis de Trelles, a valedora do pobo pronunciará unha conferencia na súa memoria no Teatro Municipal Pastor Díaz de Viveiro.

Xoves, 21 de xaneiro 16

12.00 horas. Representantes da Rede Localis,  presentada o pasado 29 de xuño, centrada no municipalismo galego, participan nunha xuntanza de presentación da entidade á valedora do pobo na institución.
13.30 horas. Unha representación da organización SOS Sanidade Pública reúnese coa valedora do pobo, Milagros Otero, para tratar a problemática do acceso a medicamentos por parte dos enfermos oncolóxicos.

Venres, 22 de xaneiro 16

11.00 horas. A valedora do pobo participa na celebración de San Raimundo Peñafort na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

Luns, 25 de xaneiro 16

13.00 horas. Xuntanza de traballo entre a valedora do pobo e a directora xeral de avaliación da Xunta de Galicia sobre cuestións de transparencia.

Martes, 26 de xaneiro 16

20.00 horas. A valedora do pobo asiste á presentación do libro “Historia de Compostela,  de Xosé Filgueira Valverde” na Fundación Torrente Ballester.

Mércores, 27 de xaneiro 16

13.00 horas. Representantes da Asociación CEAVIGAL (centro de acción contra a violencia de Galicia) reúnense coa valedora para falar de violencia de xénero e denunciar a inexistencia de protocolos de actuación conxunta entre sanitarios, persoal xurídico, policial, asistentes sociais, etc.

Venres, 29 de xaneiro 16

12.00 horas. A titular da valedoría asiste en Lugo aos actos da Universidade de Santiago na honra do seu patrón Santo Tomé de Aquino. Facultade de Ciencias (Salón de actos José Rodríguez Mourelo)

Sábado, 30 de xaneiro 16

12.30 horas. A entidade cultural SETESTRELO nomea á valedora do pobo como membro honorífico no curso dun acto de entrega de recoñecementos anuais que se celebra no Castelo de Maceda (Ourense)

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal