Axenda da valedora do pobo para o mes de abril

30 Marzo, 2016 Institución, Novas, Novas

Cumprindo os nosos compromisos de transparencia e de publicidade activa, a continuación atopará toda a información sobre a programación da axenda institucional da valedora do pobo, Milagros Otero Parga, para o presente mes de abril

Venres, 1 de abril de 16

10.00 horas. A valedora participa na inauguración da xornada “A lectura fácil, unha semente para a plena inclusión” organizada por FADEMGA. Edificio Cersia. Santiago de Compostela.

20.30 horas. O acto académico de imposición de becas no Colexio Maior Rodríguez Cadarso contará coa presenza da valedora do pobo, Milagros Otero Parga. Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Santiago de Compostela.

Luns, 4 de abril de 16

13.00 horas. A valedora do pobo asiste á toma de posesión do novo Xefe Spuperior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez López. Delegación do Goberno. A Coruña.

Martes, 5 de abril de 16

9.00 horas. A valedora do pobo asiste en calidade de invitada ao desayuno do Fórum Europa protagonizado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez que será presentado polo científico Ángel Carracedo. Hostal dos Reis Católicos. Santiago de Compostela.

10.45 horas. A valedora recibe a visita de Manuel Radío, concelleiro do PSdG do Concello de Meaño. Sede do Valedor do Pobo. Santiago de Compostela.

11.30 horas. A valedora recibe a visita de María Ferreirós Magariños,voceira do PSdG no Concello de Valga. Sede do Valedor do Pobo. Santiago de Compostela.

13.30 horas. A valedora recibe a visita de Adrián Vidal Fontenla, voceiro do PSdG no Concello de Campo Lameiro. Sede do Valedor do Pobo. Santiago de Compostela.

Mércores, 6 de abril 16

12.15 horas. A valedora do pobo asiste ao acto de entrega das Medallas do Parlamento aos ex presidentes da Cámara. Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela.

Xoves, 7 de abril 16

19.00 horas. Conferencia da valedora do pobo, Milagros Otero Parga, no Colexio de Avogados de Pontevedra co título: “O papel da valedora na defensa dos dereitos humanos”. Pontevedra.

Venres, 8 de abril 16

13.00 horas. Representantes da plataforma “non á fusión Cerdedo-Cotobade” participan nunha xuntanza coa valedora do pobo para tratar súas discrepancias respecto deste proceso. Sede do Valedor do Pobo.

Jueves, 14 de abril 16

10.45 horas. Estudantes do Grao en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo participan nunha visita guiada na sede do Valedor do Pobo. Santiago de Compostela.

12.30 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, e o adxunto, Pablo Cameselle, participan en Madrid nunha xuntanza de comisionados de transparencia na que o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno presentará aos representantes autonómicos os traballo que en materia de metodoloxía para a medición da transparencia da actividade pública teñen desenvolvido.  Sede do Consejo de Transparencia. Madrid.

Martes, 19 de abril 16

9.00 horas. A valedora do pobo intervén no curso “Redes sociais, menores e violencia de xénero” da Universidade de Vigo cun relatorio titulado: “O Valedor do Pobo ante os novos espazos de ciberviolencia de xénero entre menores”. Universidade de Vigo.

Venres, 22 de abril 16

17.00 horas. O adxunto da institución do Valedor do Pobo, Pablo Cameselle Martínez, participa no Foro Galego de Educación para a Igualdade que organiza a Secretaría Xeral de Igualdade co relatorio: “A situación das persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia”. Santiago de Compostela.

Martes, 26 de abril 16

A valedora do pobo e o adxunto da institución participan en Barcelona nunha xornada organizada polo capítulo europeo do Instituto Internacional del Ombudsman, do que forma parte, co título:
Seminario Internacional sobre los desafíos contemporáneos y amenazas a los que se enfrentan los derechos humanos, y la labor de las instituciones de Ombudsman frente a unos y otros. Barcelona.


Anteriores

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal