Atención inmediata ás necesidades educativas especiais nas escolas oficiais de idiomas

01 Xuño, 2021 actualidade, Novas, Novas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de aceptar a suxestión de esta institución de que, na ordenación das ensinanzas oficiais de idiomas, considerando a necesidade de resolver a inmediata atención á diversidade do alumnado con necesidades especiais, se sinalen prazos máximos para avaliar estas necesidades, establecendo as adaptacións e recursos precisos para o alumnado que no momento da matrícula o solicite e achegue a documentación acreditativa da súa discapacidade.

Estes prazos incluiranse na orde de acceso que se está a tramitar na actualidade e nas correspondentes circulares de matrícula.

Se da así solución ao problema do alumnado que precisa, por exemplo, intérprete de lingua de signos para obter certificados oficiais de Celga ou doutras linguas, sen que os retrasos na avaliación das súas necesidades os priven, na práctica, de obter os recursos necesarios nestas ensinanzas de réxime especial.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal