As perxudicadas no acto “ Maruxaina” poden solicitar o borrado das súas fotografías á Agencia Española de Protección de Datos.

09 Abril, 2021 actualidade, Novas, Novas

A Valedora do Pobo estabeleceu contacto coa Axencia Española de Protección de Datos para que as mulleres perxudicadas no acto “A Maruxaina” podan acceder ao procedemento do borrado das fotograrías que lles fixeron sen o seu consentimento e foron enviadas a unha páxina porno.

Este é un procemendento áxil e útil que lle foi comunicado desde a Valedoría a unha das letradas que exerce a acusación particular e a unha das asociacións de mulleres.

Enlace ao procedemento da Agencia Española de Protección de Datos:
https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/nuevaReclamacion.jsf?QID=Q600&ce=0

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal