Artigo de opinión: A “Ribeira” de toda Galicia

26 Novembro, 2014 Medioambiente, Novas, Transparencia

Artigo de opinión elaborado polo Valedor do Pobo publicado en El Progreso(23-XI-2014)

Toda a sociedade galega pode ver na Ribeira Sacra un referente que axuda a crear identidade cultural e histórica. Estamos ante unha terra na que conflúen un destacado número de elementos que seducen tanto ao visitante como ao investigador. Atopamonos, así, con un heteroxéneo mapa de variables que é preciso analizar e que enaltecer. No imaxinario colectivo de Galicia a potenciación desta comarca xogarÔ un rol positivo para fortalecer a nosa persoalidade.

Neste senso, a iniciativa de promover a declaración de patrimonio da humanidade cobra singular relevancia. Na institución do Valedor do Pobo estamos firmemente comprometidos con dito obxectivo, ao tempo que somos conscientes das importantes esixencias deste procedemento ante a UNESCO. Para alcanzar o éxito final resulta imprescindible que todos os axentes implicados actúen con pleno esforzo e dedicación, sumando e non restando, colaborando con axilidade para lograr a sinerxia que faga falta  para chegar Ô meta buscada. Debe procurarse a construcción dunha adecuada base cultural, o que só se lograrÔ se a sociedade se dinamiza. Así as cousas, é recomendable articular accións dede diferentes instancias e de diversa índole.

O informe académico e multidisciplinar que coordinamos dende a nosa institución estÔ prÔcticamente terminado. Eu creo que de forma moi exitosa. Foi un traballo intenso, que tivo que abordar distintas disciplinas e ciencias (xeografía física e humana, historia, historia das artes, bioloxía, botÔnicas, edafoloxía, arquitectura, economía aplicada, viticultura). Agradezo con sinceridade o elevado esforzo dos profesores e especialistas que integraron a este grupo de excelencia. Agora a iniciativa xa pode seguir avanzando con unha base sólida nas sucesivas etapas que ten que recorrer.

Ā”DeixĆ©monosĀ levar pola irrefeable dimensión inspiradora da Ribeira Sacra! AlĆ­ encontramos un pasado de esplendor que evoca un espĆ­ritu de conciliación eĀ amizade. OĀ futuro reclama o nosoĀ compromiso con esta comarca. É hora de manifestalo.

Ribeira Sacra, Ribeira de Galicia enteira.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIƓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A CoruƱa
TelƩfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal