O equipo da oficina da Valedora do Pobo súmase aos parabéns recibidos por Andrés Vázquez García, alumno do Grao en Dereito, por teren obtido o premio do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela ao mellor expediente de prácticas. Andrés realizou nesta institución as súas prácticas externas extracurriculares nos pasados meses de xuño e xullo. Agradecémoslle a súa confianza por elixir a oficina da Valedora do Pobo como o lugar de traballo para poñerse en contacto coa actividade profesional e a súa diaria aportación na procura do cumprimento polas Administracións públicas do seu obxectivo de servizo aos cidadáns e na defensa dos dereitos individuais e colectivos consagrados na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia.
The comments are closed.