A valedora desprazouse a Ferrol

16 Febreiro, 2016 Institución, Novas

O encontro enmárcouse no programa de visitas aos concellos posto en marcha por Milagros Otero Parga trálo seu nomeamento o pasado setembro. Está aberto a todas as persoas interesadas en asistir.

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, visitou este mércores Ferrol, dentro do conxunto de encontros coa veciñanza de diferentes concellos de Galicia que xa a levou nos últimos meses ás localidades de Ourense e A Coruña. O acto, que tivo lugar no auditorio do Centro Cultural Torrente Ballester, forma parte do programa de apertura á cidadanía aberto pola titular da valedoría coa súa chegada a esta institución o pasado mes de setembro.

A iniciativa tivo un dobre obxectivo: por unha banda divulgar as funcións e a utilidade que para todas as persoas ten a institución do Valedor do Pobo e, por outra, manter contacto directo cara a cara cos cidadáns nos seus concellos.

Varias entidades do tecido asociativo ferrolá entiveron representadas. Así estiveron presentes as asociacións de veciños O Lago de Doniños, Unidade San Felipe-San Cristóbal, Ferrol Vello, Santa Comba de Cobas, A Magalena ou do Ensanche. Tamén a Asociación de Diabéticos, a ONCE, ex alcohólicos, ASCM, mulleres do Barrio de Caranza, Eliximos Narón, Asociación de persoas xordas, entre outras organizacións.

Con carácter previo a esta xuntanza, a valedora do pobo, Milagros Otero, e o seu adxunto, Pablo Cameselle, foron recibidos no Pazo Municipal polo alcalde da cidade ferrolá, Jorge Suárez. Posteriormente os representantes desta institución saudaron aos voceiros dos grupos municipais e deixaron a súa sinatura no Libro de Ouro do Concello.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal