A valedora presentou o Informe Anual 2017 ante o pleno do Parlamento de Galicia

08 Maio, 2018 Dereitos, Institución, Novas

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, compareceu hoxe ante o pleno do Parlamento de Galicia para expor o contido do Informe Anual 2017 da institución e expor ante os grupos representados na Cámara os aspectos máis salientables do mesmo.

Durante o ano 2017 a valedoría atendeu 29.365 queixas sobre 2.359 asuntos. Do total de resolucións emitidas pola institución, foron aceptadas o 76%, o que indica un alto grao de aceptación das resolucións do Valedor.

Durante a súa intervención, a valedora do pobo destacou a importante campaña de achegamento á poboación residente do rural que fixo crecer ata un 12% as reclamacións procedentes desta contorna. Tamén apuntou o importante crecemento das queixas de oficio, que superaron as duascentas.

A valedora do Pobo apelou na súa comparecencia á colaboración dos grupos do Parlamento de Galicia para mellor acometer o seu labor de defensa dos dereitos das galegas e galegos.

Milagros Otero realizou un repaso das principais actuacións desenvolvidas pola institución que preside durante o exercicio pasado. Destacou, entre outros moitos asuntos, a necesidade de mellorar a xestión listas de espera sanitarias, as tramitacións das axudas de inclusión social, a axilización de determinados trámites relacionados co recoñecemento da discapacidade e a inxustiza  que están a padecer os xubilados galegos que non perciben desde hai máis de dous anos as súas pensións de Venezuela. Ademáis abogou unha vez máis polas persoas afectadas pola vaga de lumes que asolou Galicia a finais de ano para os que invocou axilización de simplificación da tramitación das compensacións que lles corresponden.

A exposición ante o pleno pon fin á tramitación parlamentaria deste documento de case mil páxinas nas que se escolman as queixas que durante 2017 achegou á cidadanía á valedora do pobo.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal