A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, participa en Barcelona no Seminario Internacional de Ombudsman sobre os retos actuais aos que se enfrontan os ombudsman en todo o mundo, organizado polo Instituto Internacional do Ombudsman (IOI) do que forma parte a institución galega.
A institución galega forma parte da ampla representación de defensorías desplazadas a Barcelona, procedentes na súa maioría de países europeos. Xunto con diversos expertos universitarios participan no debate sobre os retos actuais dos dereitos humanos durante dous días de traballo. A iniciativa enmárcase dentro do conxunto de actividades do Instituto Internacional do Ombudsman, da man do Síndic de Greuges, que preside o capítulo europeo do instituto. As xornadas de traballo celébranse no Salón do Tinell.
Un dos obxectivos da xuntanza pasa por reivindicar a garantía dos dereitos e o papel dos defensores ante a crise de refuxiados que afecta a Europa, así como reflexionar acerca do xeito en que a situación económica actual ou o debate entre seguridade e liberdade afectan a dereitos humanos fundamentais.
Web oficial das xornadas de traballo: https://hrspanish.wordpress.com/
Programa (en pdf): https://hrspanish.wordpress.com/programa/
The comments are closed.