A valedora investiga de oficio as incidencias no servizo de comedor de centros escolares

12 Novembro, 2015 Menores, Novas

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, abriu unha actuación de oficio dada a súa preocupación coas recentes incidencias no servizo de comedores escolares de Cambre e Culleredo, que funcionan con cátering. Con urxencia remitiu con data de onte unha comunicación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de coñecer as súas actuacións ao respecto do mal estado detectado en envases e alimentos nestes e outros centros,  e que poderían estar a ocasionar un problema grave de salubridade.

No prazo de quince días, este departamento da Xunta deberá enviar información á valedora relacionada con aspectos que se lle piden. En concreto, a comisionada do Parlamento de Galicia, desexa coñecer o detalle das comprobacións realizadas pola administración competente e das medidas adoptadas, no caso de confirmarse as deficiencias no servizo, respecto das firmas concesionarias.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal