Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, intervén hoxe en Ourense (16.30 horas, Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade) no Foro profesional Solucións concretas ao problema do botellón, invitada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico coa que a valedoría mantén unha estreita relación de traballo.
A intervención da titular do Valedor do Pobo enmárcase na Mesa III centrada en analizar as propostas que se achegan desde as administracións para tratar de solucionar o fenómeno. A valedora comparte mesa con Jorge Suanzes, subdirector xeral de estilos de vida saludables; con Noa Tilve dos centros Quérote+ da Xunta de Galicia; con Alfredo L. García, presidente da FEGAMP e cunha persona en representación do Plan Nacional sobre Drogas.
Asisten ao Foro traballadores de servizos sociais, sanidade, especialistas en condutas adictivas, educadores, psicólogos, sociólogos e membros de grupos xuvenís, entre outros.
As propostas finais serán elevadas aos poderes públicos para que coñezan as propostas concretas realizadas durante toda a xornada por parte de axentes sociais, das entidades que traballan na prevención, do personal das administracións e desde o punto de vista normativo.
Programa ao seu dispor aquí.
The comments are closed.