Milagros Otero visitou o pasado venres o concello de Carballeda de Avia, onde percorreu parte dos montes queimados pola vaga de lumes e escoitou aos veciƱos nun encontro celebrado na Casa do Concello.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, trasladouse o pasado venres 24 de novembro Ô localidade ourensÔ de Carballeda de Avia onde percorreu parte dos núcleos mÔis afectados polos lumes do pasado 15 de outubro e atendeu as peticións de mÔis dun cento de veciños que asistiron ao seu encontro na Casa do Concello. Hoxe mesmo a institución rexistrou un total de 18 queixas e algunhas consultas que os carballedeses lle achegaron Ô valedora nesa xornada.
Parte das queixas tramitadas gardan relación coas consecuencias dos lumes e as axudas decretadas pola Xunta de Galicia para compensar aos afectados. A valedora do pobo poñerase en contacto coa conselleira de Medio Rural nas próximas horas para trasladar algunha destas inquedanzas como as compensacións tras arder construcións que se empregaban para almacenaxe de ferramentas e gando, ou a complexidade que a tramitación das axudas ten para a xente de idade avanzada.
O funcionamento de determinados servizos sanitarios no Hospital de Ourense, atrasos nas valoracións de dependencia, limpeza de fincas, ou necesidades particulares de arranxos en vivendas sociais foron outros asuntos dos que Milagros Otero tomou nota para iniciar hoxe mesmo as investigacións pertinentes.
Un dos asuntos que chamou a atención da valedorĆa foi a denuncia que fixeron un grupo de veciƱos ante a inexistencia neste concello de liƱa fixa de telefonĆa nun tramo de apenas dous quilómetros. Esta situación afecta a persoas maiores residentes nesta Ć”rea, ao quedar privadas do servizos de tele asistencia da Xunta de Galicia por carecer de liƱa fixa. Ademais nesa zona estĆ”n instaladas as canteiras, a Ćŗnica actividade industrial da que dispón este municipio que carecen ata o de agora de telefonĆa e servizo de Internet en condiciones normais.
Na reunión estiveron presentes varias persoas en representación dos emigrantes retornados de Venezuela que levan mÔis de dous anos sen percibiren a súa pensión. A valedora expuxo que leva ese mesmo tempo traballando arreo en colaboración co Defensor del Pueblo e o representante da Federación Iberoamericana de Ombudsman e que non deixarÔ de facer presión para axudar aos galegos afectados por este grave problema.
A valedora do pobo aproveitou a visita para se entrevistar co alcalde da localidade ourensÔ Luis Milia e membros da súa equipa. A institución abriu unha liña de colaboración co concello para poder coñecer os casos de risco de exclusión social que esixen dunha urxente actuación. Tamén soubo do traballo que este concello desenvolve en prol do embellecemento saudable e a atención aos maiores e dos esforzos que realizan para, con pocos recursos, atender Ôs necesidades de transporte e atención aos veciños.
The comments are closed.