A valedora do Pobo súmase á decisión do Parlamento e transfire outros de 2 millóns de euros á Xunta para apoiar a loita contra o COVID-19.

09 Abril, 2020 actualidade, Novas, Novas

A valedora do Pobo vén de remitir un escrito ao presidente do Parlamento comunicando a súa vontade de transferir unha partida á Xunta como apoio á emerxencia provocada polo COVID-19.

 

Santiago, 9 de abril de 2020.

A valedora do Pobo, seguindo o exemplo do Parlamento de Galicia, transferirá unha achega de 2 millóns de euros á Xunta como medida de apoio á xestión da emerxencia sanitaria derivada da pandemia provocada polo COVID-19.

A titular do Valedor do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, comunicou ao presidente do Parlamento a súa vontade de efectuar a transferencia de fondos procedentes do seu remanente de tesourería á Xunta de Galicia. A medida será validada por resolución do presidente do Parlamento e posteriormente ratificará a Mesa da Deputación Permanente.

A decisión da valedora do Pobo súmase á do Parlamento de Galicia, que o pasado venres, 3 de abril, acordou transferir á Administración autonómica unha partida de 2 millóns de euros do seu remanente de tesourería para apoiar a xestión da Xunta na pandemia do COVID-19.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal