A valedora do pobo pon o seu cargo a dispor do Parlamento de Galicia

04 Abril, 2019 Institución, Novas

Milagros Otero Parga vén de rexistrar unha carta no Parlamento de Galicia na que poñe o seu cargo a dispor desta institución e supedita a súa renuncia a que os grupos parlamentarios acorden unha proposta de novos nomeamentos para a institución.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, vén de por o seu cargo a dispor do Parlamento de Galicia. A representante da institución do Valedor do Pobo, que é alta comisionada da Cámara galega, asinou unha misiva rexistrada esta tarde no Parlamento de Galicia para formalizar a súa petición ante a Presidencia da Cámara e solicitar que se dea traslado da mesma aos grupos parlamentarios.

A carta, dirixida á Presidencia do Parlamento, recolle literalmente:

Comunico a V.E. que co data de hoxe eu, Milagros Mª Otero Parga, poño o meu cargo a disposición da Cámara.

En consecuencia prégolle que dea traslado deste escrito aos Grupos Parlamentarios, de xeito que no momento en que estes acorden a súa proposta para cubrir os cargos de valedor/a, e adxunto/a proceda de inmediato a formalizar a miña renuncia, de acordo co previsto no artigo 5.1.1 da Lei 6/1984, de 5 de xuño do Valedor do Pobo.

A institución do Valedor do Pobo quere garantir á cidadanía que as súas queixas seguirán a ser tramitadas con normalidade como ata este momento. A valedora seguirá exercendo ata o último día co mesmo rigor, profesionalidade e independencia a súa importante tarefa na defensa dos dereitos das persoas.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal