A Valedora do Pobo, Embaixadora da Década das Mulleres Rurais

23 Maio, 2022 actualidade, Novas, Novas

Con ocasión da iniciativa Década das Mulleres Rurais: Sementando e Cultivando Igualdade, vixente desde o 15 de outubro de 2021 ao 15 de outubro de 2031, a   REDLAC (Red Latinoamericana y el Caribe de Mujeres Rurais) organización Internacional fundada en 1990 e integrada por algo máis de 200 organizacións de Mulleres Rurais de 18 países do continente americano, xunto coa  FEMUR (Federación Nacional da Muller Rural de España), solicitaron á  Valedora  do  Pobo que aceptase o nomeamento como Embaixadora para promover a Declaración da Década das Mulleres Rurais, no marco dos Acordos Internacionais e a Axenda 2030.

A  Declaratoria da Década das Mulleres Rurais pretende contribuír ao empoderamento e participación cidadá das mulleres rurais fronte á crise pandémica Covid-19 e a posta en marcha de políticas públicas con enfoque de xénero, para eliminar a pobreza e as brechas de xénero en zonas rurais.

A representante das Defensorías del Pueblo do estado español na FIO (Federación Iberoamericana de Ombudspersons), Beatriz Barrera, adxunta ó Diputado del Común, de Canarias, tamén vén de ser designada embaixadora da Década das Mulleres Rurais.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal