A Valedora do Pobo e VIAQUA forxan alianzas pola transparencia.

12 Novembro, 2021 actualidade, Novas, Novas

Asinan un convenio de colaboración co obxectivo de incrementar a transparencia do servizo de auga e axilizar a resposta aos usuarios

 

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021.- Esta mañá a xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro Sandomingo, e a Valedora do Pobo en Galicia, Dolores Fernández  Galiño, asinaron un convenio que ten como fin impulsar a colaboración entre ambas entidades, fixando unha liña de comunicación directa e áxil, co obxectivo de seguir incrementando a transparencia da xestión dun servizo básico e esencial como é o abastecemento de auga, e a rapidez de resposta en caso de incidencia cos usuarios.

 

Unha das accións obxecto do devandito convenio é a creación dun grupo de traballo no que resolver os casos que reciba a Valedora do Pobo. Neste grupo de traballo, estará presente a figura do Customer Counsel, (Defensor do Cliente), figura que Viaqua pon ao dispor dos seus clientes para resolver aqueles conflitos que puidesen xurdir entre a empresa e os usuarios, buscando solucións nunha contorna amigable.

 

Durante a firma, Ana Tejeiro, xerente de Viaqua en Santiago, declarou que “en liña cos principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, aspiramos a ser un referente de bo goberno e xestión ética incorporando á nosa xestión os principios de transparencia, responsabilidade ética e bo goberno, mediante políticas corporativas e estándares de alto nivel en materia de goberno da empresa, que teñen como obxectivo reforzar a nosa cultura de cumprimento e ética empresarial.”

 

Por outra banda, a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, afirmou que é fundamental protexer ás persoas vulnerables, traballar para erradicar a pobreza , facendo fincapé no obxectivo 6 da axenda 2020: “…Auga limpa e saneamiento…”.

 

A firma deste convenio é unha mostra fidedigna do compromiso das dúas institucións para actuar de forma transparente e responsable coa cidadanía, colocando ás persoas no centro e loitando polo cumprimento dos dereitos humanos. Desta forma, a través das alianzas locais Viaqua e a Valedora do Pobo asinan un convenio de colaboración que contribuirá á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU na Axenda 2030, concretamente ao ODS16 de Paz, Xustiza e Institucións Sólidas e ao ODS17, de Alianzas para lograr os Obxectivos.

 

 

 

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal