Esta mañá celebrouse na sede da institución unha entrevista de representantes da Asociación Galega de Familias de Acollida coa Valedora do Pobo. Na reunión trasladouse a situación dos programas de acollemento familiar en Galicia desde a perspectiva dos seus asociados, e establecéronse vías de colaboración para a mellora das actuacións que inciden no benestar dos nenos e adolescentes que, pola situación das súas familias, precisan os coidados dunha familia de acollida.
The comments are closed.