A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño e Eva Vera Ledo, Directora da Fundación Secretariado Gitano en Galicia, presentaron o acto para celebrar o 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano.

08 Abril, 2022 actualidade, Novas, Novas

Na Valedoría do Pobo presentou o acto a valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño. E A Fundación Secretariado Xitano ( FSG) deu a coñecer, un ano máis, o seu Informe Anual “Discriminación e Comunidade Xitana”, co fin de dar visibilidade aos casos de discriminación e as vulneracións do dereito á igualdade de trato que seguen sufrindo as persoas xitanas no noso país.

Irene Jiménez Cortiñas, Técnica de Igualdade da FSG en Lugo e Zaida Jiménez Jiménez, Técnica de Igualdade da FSG en Vigo, foron as encargadas de dar conta do documento: As  Discriminación e Comunidade Xitana: Informe Anual 2021”.

Para rematar, a lectura do Manifesto con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano e entrega bandeira xitana correu a cargo de Sonia Suárez Suárez, voluntaria da FSG en Ourense, Javier León Gabarri, estudiante de Dereito e Miriam Fernández Ferreduela, traballadora da FSG en Santiago de Compostela.

 

Declaración institucional 8 de abril 2022 Día Internacional do Pobo Xitano

 

Celebramos, un ano máis, o 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Unha celebración que conmemora o 1º Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres en 1971, no que se adoptaron os símbolos propios do Pobo Xitano: a bandeira azul e verde cunha roda vermella, e o himno Gelem, Gelem. En España foi en 2018, a petición do Congreso dos Deputados, cando tivo lugar o recoñecemento do 8 de abril como Día do Pobo Xitano, así como o uso da bandeira e o himno xitanos.

O 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, é o momento de comprometerse como sociedade, como país, coa plena igualdade dos xitanos e das xitanas. Igualdade desde o recoñecemento da diversidade e do valor dunha identidade cultural propia, pero que forma parte da nosa historia e a nosa cultura compartidas.

Cada vez máis institucións e persoas súmanse ano a ano a esta celebración, nun xesto simbólico de recoñecemento. Pero a pesar dos avances, os xitanos e xitanas seguen estando por detrás e a gran distancia do resto da sociedade no goce de dereitos fundamentais como o emprego decente, a educación de calidade, unha vivenda digna ou o dereito a non ser discriminados.

Un motivo de celebración deste 8 de abril é a aprobación, o pasado mes de novembro, da nova Estratexia Nacional de Igualdade, Inclusión e Participación do Pobo Xitano 2021‐2030. Un marco político específico que nace non só do recoñecemento da situación de desigualdade e discriminación da poboación xitana e da necesidade de dar unha resposta estrutural a esta situación, senón que tamén avanza no impulso da participación e o recoñecemento do Pobo Xitano na nosa sociedade e nas institucións.

Outro recente fito institucional de relevancia foi a posta en marcha da Subcomisión para o estudo dun Pacto de Estado contra o Antixitanismo e a Inclusión do Pobo Xitano no Congreso dos Deputados, e o inicio das comparecencias para a elaboración do informe que permita alcanzar un Pacto de Estado.

Dous fitos moi relevantes que configuran o marco político e institucional para avanzar na igualdade, a inclusión e a participación do Pobo Xitano.

A celebración do Día Internacional do Pobo Xitano 2022 chega nun terrible contexto de conflito internacional coa invasión militar rusa de Ucraína, e non podemos ignorar o que está a suceder nas fronteiras da Unión Europea. Por iso, este ano queremos que o 8 de abril constitúa tamén unha sentida homenaxe a tódalas persoas que están a sufrir en primeira persoa as consecuencias desta guerra, tanto en Ucraína como nos países limítrofes, e especialmente á comunidade xitana ucraína, que sabemos que en moitos casos está a sufrir un trato discriminatorio.

O Pobo Xitano caracterízase pola súa solidariedade, pola súa unidade, pola súa identidade compartida e os seus vínculos máis aló das fronteiras; e sabemos que nas crises sempre teñen

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal