A Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño e Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, asinaron hoxe o ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E A VALEDORA DO POBO PARA O INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN EN RELACIÓN ÁS PERSOAS AFECTADAS POR PROCEDEMENTOS DE EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS E DESAFIUZAMENTOS POR FALTA DE PAGAMENTO DE RENDAS.

27 Outubro, 2021 actualidade, Novas, Novas

Dende 2015 renóvanse os  acordos de colaboración que se asinaron coa institución da Valedora do Pobo co obxectivo de facilitar un intercambio rápido e áxil de información entre as partes asinantes. 

As queixas recibidas e tramitadas durante o ano 2020 ante a Valedora do Pobo en materia de desafiuzamentos de vivenda, mantivéronse en cifras similares con respecto ás rexistradas no ano 2019. A problemática das mesmas afectaba fundamentalmente a desafiuzamentos da vivenda habitual por procedementos de execucións hipotecarias ou falta de pagamento das rendas de aluguer.

A Valedora do Pobo manifesta a vontade de que co obxectivo de brindar protección e proporcionar resposta ás necesidades das persoas, se continúe impulsando e dando a coñecer cantas medidas vaian orientadas a procurar a efectividade do dereito a desfrutar dunha vivenda digna e adecuada.

Así mesmo, na liña de dar continuación ás actuacións desenvolvidas desde o ano 2015, suxerirá ou recomendará, no seu caso, ás administracións locais a adhesión aos programas de vivendas baleiras postos en marcha pola Xunta de Galicia a fin de optimizar as que estean desocupadas nos referidos concellos.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal