A Valedora do Pobo e a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, asinaron hoxe dar continuidade ao marco de colaboración para facilitar un intercambio ràpido e áxil da información entre ambas Institucións , e así, facilitar as familias afectadas por execucións hipotecarias derivadas da falta de pagamento de créditos ou péstamos garantidos con hipoteca, ou por procedementos de desfiuzamento por non pagar as rendas do aluguer, unha mellor atención e información sobre os seus dereitos e sobre as actuacións e medidas desenvolvidas por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e, tamén se pretende, por outra banda, dar unha resposta áxil ás demandas dos afectados por estes procedementos.
Esta sinatura, prorroga o Acordo de Colaboración entre a Valedora do Pobo e o IGVS asinado en outubro de 2019.
The comments are closed.