A Institución da Valedora do Pobo ven de abrir una queixa de oficio, en aplicación do disposto no artigo 16 da Lei 6/1984, de 5 de xuño, do Valedor do Pobo, tras ter coñecemento pola prensa de continuos cortes de luz na parroquia de San Xian de Barrañán no concello de Arteixo.
Desde o martes 30 de decembro pasado nesa parroquia sofrironse continuos cortes de suministro electrico que seguen a persestir a data de hoxe.
Os veciños fixeron xa varias reclamacións a empresa Naturgy pero o problema persiste cos graves problemas que supon na vida diaria. O concello de Arteixo tamen e coñecedor do problema que se produce pola sobrecarga dun transformador da empresa electrica citada.
Por estes motivos, a Valedora do Pobo iniciou esta actuación solicitando a información tanto a empresa Naturgy como ó Concello de Arteixo e á Consellería competente da Xunta de Galicia.
The comments are closed.