A valedora do pobo convoca os premios aos mellores traballos fin de grao e fin de máster en materia de igualdade e dereitos das mulleres

06 Marzo, 2020 Muller, Novas

A valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño, ven de convocar os premios aos mellores traballos fin de grao e fin de máster en materia de igualdade e dereitos das mulleres, en colaboracións coas tres universidades galegas.

Os premios teñen unha dotación de 1.000 euros e os premiados recibirán tamén un diploma acreditativo.

Poderán presentarse a esta primeira edición dos premios os traballos académicos lidos, defendidos e/ou xulgados, segundo proceda, ante un tribunal de calquera universidade galega durante os cursos académicos 2016-2020.

As bases da convocatoria publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A partir da data da publicación oficial da convocatoria poderán presentarse os traballos aspirantes aos premios. O prazo de presentación remata o 15 de outubro de 2020.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal