Milagros Otero Parga, nova valedora do pobo, asiste o 17 e 18 de setembro en Santander ás XXX Xornadas de Coordinación que reúnen a todos os defensores españois. O tema principal do encontro deste ano xira en torno ás políticas de vivenda pública en España.
A defensora do pobo, Soledad Becerril, inaugura as xornadas xunto co alcalde de Santander, Íñigo de la Serna, e a presidenta do Parlamento de Cantabria, Mª Dolores Gorostiaga. Na clausura das mesmas estará presente o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.
Este ano a organización das xornadas recaeu no Defensor del Pueblo con sede en Madrid. O Valedor do Pobo foi o responsable de coordinar os traballos técnicos e de organizar talleres en relación coas políticas e o dereito á vivenda da cidadanía. De feito Milagros Otero será a encargada de expor as conclusións do taller celebrado en Santiago sobre ” A función da vivenda de carácter público na sociedade actual” e abrirá unha mesa de traballo na que tamén estarán presentes Rafael Ribó, síndic de greuges de Cataluña; Francisco Javier Enériz, defensor de Navarra e Julia Hernández Valles, ararteko en funcións do País Vasco.
Como novidade os organizadores elixiron para sede das xornadas a Comunidade de Cantabria, que non conta na actualidade con figura propia de defensor autonómico.
Programa das xornadas: https://www.defensordelpueblo.es/wp-content/uploads/2015/08/Programa-XXX-Jornadas-Coordinaci%C3%B3n-Defensores-del-Pueblo.pdf
The comments are closed.