A Valedora do Pobo advirte que O Covid 19 pode agravar as conductas LGTBIfóbicas

15 Maio, 2020 actualidade, Novas, Novas

 O virus covid 19 é un patóxeno que  pon en perigo a saúde e a vida de toda a Humanidade e  tamén pode exacerbar a exclusión e o odio. Por este motivo hai que combater tamén os efectos secundarios de esta pandemia protexendo ás persoas especialmente vulnerables .

As crianzas  trans  están a sufrir as consecuencias do illamento social dunha maneira especialmente dramática cando nos seus fogares non se recoñece a súa identidade. O feito de non poder expresarse e non poder ser recoñecidos coa identidade que senten acrecenta aínda máis o seu malestar e a súa soidade.

Temos como sociedade o deber de prestar protección e coidado  e a aqueles colectivos especialmente vulnerables e que tradicionalmente  arrastran o sufrimento adicional da discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal