O Alcalde de Cambre o día 12 de maio solicitou a intervención da Valedora do Pobo expoñendo a problemática que afectaba á veciñanza do edificio A Patiña, xa que a pesar de que tanto as persoas afectadas como a propia Alcaldía se dirixiran a entidade Haya Real Estate, xestora dos contratos de arrendamentos, o problema non se solucionaba.
As persoas arrendatarias do edificio sito na Patiña, parroquia de Cela, Cambre, levaban dende o 15 de abril sen ascensores en funcionamento e tampouco se realizaban as tarefas de limpeza propias dos elementos comúns do inmoble. A entidade Haya Real Estate non ofrecía resposta algunha á preocupación que por esta situación lle trasladaron tanto as persoas afectadas como a Alcaldía. A situación se agravaba ao coñecer que moitas das persoas residentes no inmoble tiñan a súa mobilidade reducida.
Ante a natureza da problemática, de inmediato se iniciou investigación informal e se efectuaron cantas xestións foron precisas a fin de que a entidade xestora dos contratos de arrendamentos Haya Real Estate, colaborara coa institución e corrixira a situación que estaba a ocasionar importante afectación á veciñanza, nomeadamente no actual estado de alarma motivado pola pandemia do COVID-19.
Certo número das persoas residentes no edificio tiñan problemáticas de mobilidade, o que engadido ás súas idades avanzadas e a situación de confinamento, lles carrexaba notables prexuízos ao imposibilitarlle poder saír das súas vivendas.
The comments are closed.