A valedora comparece ante a Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia polo Informe Ordinario 2016

30 Marzo, 2017 Institución, Novas

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016. O Informe Ordinario 2016 da institución do Valedor do Pobo continúa coa súa tramitación parlamentaria. Este luns, 3 de abril, a valedora comparecerá ante a Comisión de Peticións para dar conta dos contidos máis destacados e responder as dúbidas e apreciacións que expoñan os representantes dos diferentes grupos parlamentarios sobre a memoria.

A comparecencia está prevista ás 10.30 horas no Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. O informe xa está rexistrado e foi publicado polo Boletín do Parlamento de Galicia número 92 o pasado 29 de marzo.

Tras a entrega á Presidencia do Parlamento de Galicia da memoria de 900 páxinas o pasado 27 de marzo, a presentación en Comisión constitúe o segundo paso na tramitación parlamentaria da memoria anual do Valedor do Pobo que concluirá o próximo 25 de abril coa comparecencia da titular, Milagros Otero Parga, ante o pleno da Cámara.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal