A valedora asiste á xornada sobre acollida de refuxiados organizada polo Defensor del Pueblo e ACNUR

05 Outubro, 2016 Dereitos, Institución, Novas

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, asiste hoxe en Madrid, xunto con outros defensores á xornada “A acollida e integración de refuxiados en España” organizada pola institución do Defensor del Pueblo e a axencia da ONU para os refuxiados, ACNUR.

Desde Galicia, a institución do Valedor do Pobo quere sumarse ao chamamento conxunto realizado polos convocantes a todas as administracións para que impulsen os programas de acollida e integración de refuxiados tamén na nosa comunidade, co desexo de que España cumpra cos compromisos adquiridos no ámbito da protección internacional.

Ademais dos representantes das defensorías, a xornada que hoxe se celebra en Madrid conta coa presenza de  membros da administración do Estado, administracións autonómicas e locais así como entidades e ONG especializadas.

O encontro pode seguirse en streaming por medio da web do Defensor del Pueblo (www.defensordelpueblo.es). Toda a información sobre o programa e os relatorios aquí: https://www.defensordelpueblo.es/jornada-refugiados/

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal