A valedora do pobo, Milagros Otero Parga e o presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN), Manuel Antonio Couceiro Cachaldora, firmaron esta mañá un convenio de colaboración co que se comprometen a desenvolver programas contra o narcotráfico e a drogadicción na nosa comunidade.
Nun acto sinxelo organizado la sede da valedoría, ambas as dúas entidades establecen as pautas para colaborar contra esta lacra. Entre outras accións, desenvolveranse actividades de concienciación e divulgación entre a poboación. Ademais a Fundación colaborará coa valedora na elaboración de estatísticas e informes que axuden ao desenvolvemento das mesmas.
A duración do convenio carece de dotación económica e ten carácter anual e renovarase de xeito automático cada anualidade.
Co acto de hoxe ábrese unha primeira porta á colaboración coa Fundación e se outorga carácter institucional ás boas relacións mantidas entre ambas as dúas entidades durante os últimos anos.
The comments are closed.