Dende o día 16 de marzo en que se comunicou o cesamento de actividade presencial, todo o persoal da Institución atendeu á cidadanía de forma telefónica e telemática. Neste momento, atendendo as recomendacións sanitarias e tras adoptar as medidas necesarias, retómase a actividade presencial.
A esencia desta Institución é o servizo á cidadanía para protexer os seus dereitos e, aínda que durante o estado de alarma o noso traballo seguiu desenvolvéndose ao mesmo ritmo ou mesmo maior, é necesario o contacto directo coa cidadanía.
.
The comments are closed.