A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, presidiu este luns o acto institucional convocado polo Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, no que os máximos responsables da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, presentaron os principais retos na loita contra a pobreza e a exclusión social no último ano, así como os principais indicadores nesta materia foito do recente informe O estado da pobreza 2016.
Baixo o lema Somos persoas, non expedientes!, Antonio Cortiñas, axente intercultural na Fundación Secretariado Xitano en Lugo e Laura Segade, traballadora social en Autismo Galicia presentaron o manifesto realizado pola rede EAPN coas conclusións do VII Seminario de Participación Inclusiva celebrado en Santiago con participación da valedora.
No acto estiveron presentes representantes da administración autonómica, dos catros grupos que obtiveron representación parlamentaria nos últimos comicioes e numerosos membros das plataformas e organizacións sociais que traballan na nosa comunidade pola inclusión social.
The comments are closed.