A Valedora do Pobo vén de acordar a renovación do convenio de colaboración educativa coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización na institución das prácticas académicas externas do alumnado da Facultade de Dereito ou doutros centros universitarios que así o soliciten.
Un obxectivo básico da institución da Valedora do Pobo é colaborar na tarefa de complementar a formación teórica das titulacións mediante as prácticas do alumnado, de xeito que lles permita coñecer a realidade do traballo de protección dos dereitos humanos, como alta comisionada do Parlamento, para supervisar a actuación das administracións públicas galegas. Neste sentido, todo o equipo da Valedora do Pobo está comprometido na necesaria colaboración cos proxectos formativos do alumnado para asegurar a relación directa das competencias a adquirir na realización das súas prácticas externas curriculares cos estudos cursados.
The comments are closed.