Clausura da exposición “Mulleres Símbolo do Rural” da Asociación “Escola Rural de Saúde da Limia”

Hoxe tivo lugar na sede da institución un emotivo acto con motivo da  clausura da exposición que a “Asociación Escola Rural de Saúde da Limia” estivo exhibindo os dous últimos meses na institución. A mostra ten como obxectivo investigar e difundir a presenza e  a participación das mulleres do rural de Galicia, ademais da posibilidade de realzar e fortalecer a autoestima das mulleres, e empézase a realizar nos lugares onde a Asociación ESCOLA RURAL DE SAUDE DA LIMIA xa vén facendo un traballo de promoción da igualdade e a saúde desde 2011.

 

O Acto, inaugurado pola Valedora do Pobo, contou coa intervención de Lola Rico, coordinadora da asociación, de Rosa Trujillo, escritora e psicóloga ERSL, que acompañaron ás mulleres protagonistas, e de Jaione Camborda, directora da película “O Corno”, gañadora da Cuncha de Oro 2023.

O peche  correu a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Sandra Vázquez.

                                                                       

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest