Transparencia é a posibilidade de acceso que ten a cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística das institucións e organismos públicos. A lei 1/2016, de transparencia e bo goberno de Galicia (complementaria da lei básica 19/2013) ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.
Este marco normativo prevé que información deben publicar as administracións públicas para coñecemento da cidadanía, como poden pedir as persoas información ás administracións, e cales son as regras de bo goberno.
Como Valedor do Pobo promovemos a transparencia da actividade pública, velamos polo cumprimento das obrigas de publicidade, salvagardamos o exercicio do dereito de acceso á información pública e garantimos a observancia das disposicións de bo goberno na comunidade galega.
NORMATIVA
Pode acceder aquí a toda á información de relevancia xurídica da institución na súa versión consolidada.
ESTRUCTURA ORGANIZATIVA
♦ Perfil e traxectoria profesional dos altos cargos: Valedor/a do pobo | Adxunta| Secretario xeral | Coordinadora xeral | Xefa de Servicio de Administración e Persoal | Xefe do servizo II
♦ Titulacións que acreditan a formación académica dos altos cargos da institución: valedor/a do pobo | adxunta
PLANS E PROGRAMAS ANUAIS E/OU PLURIANUAIS
♦ Plan estratéxico e seguimento: Liñas estratéxicas 2015-2018 | Informe de seguimento 1 (31 de decembro de 2016) | Informe de seguimento 2 (31 de decembro de 2018)
ÓRGANOS COLEXIADOS ADSCRITOS
A institución do Valedor do Pobo ten adscrito un único órgano colexiado: a Comisión da Transparencia de Galicia.
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno para a Comunidade Autónoma de Galicia, creou no seu artigo 33 o órgano colexiado “Comisión da Transparencia” adscrito á institución do Valedor do Pobo. A Comisión celebrou a súa sesión constitutiva o 10 de maio de 2016 (acta da sesión) e dispón de regulamento propio de funcionamento (descargar en pdf).
COMPETENCIAS DE ÓRGANOS E ENTIDADES
Competencias de órganos e entidades e traspasos de funcións e servizos. Acceda aquí.
DELEGACIÓNS DE COMPETENCIAS
Delegación de competencia da Comisión de Transparencia de Galicia na súa presidenta (valedora do pobo) a resolución das reclamacións en que se teña por desistido o/a solicitante por non ter remitido en prazo a documentación que se lle requira.
LOCALIZACIÓN, CONTACTO E HORARIO
A institución do Valedor do Pobo conta cunha única sede física, sita en Rúa do Hórreo 65, 15700 Santiago de Compostela.
O noso horario de atención ao público comprende mañás e tardes de 9.00-14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres .
O rexistro permanece aberto tamén nesas horas.
Pode contactar connosco por medio do teléfono 981 569 740. E as 24 horas na nosa páxina web.
AXENDA DA ACTIVIDADE INSTITUCIONAL
UNIDADE DE TRANSPARENCIA
Constitución e datos de contacto da unidade de transparencia da institución.
Actualización de contidos: permanente
Última actualización: 24 de xullo de 2019
AS NOSAS FUNCIÓNS
A posibilidade de creación e organización dunha institución similar ao Defensor del Pueblo recóllese no Estatuto de Autonomía de Galicia, en concreto, no seu artigo 14. Esta posibilidade fíxose efectiva a través da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo.
ADEMAIS
ACTAS DAS XUNTAS DE COORDINACIÓN
A valedora do pobo está asistida, para o exercicio das súas funcións, por unha Xunta de Coordinación e Réxime Interior, que celebra as súas sesións ordinarias cada mes. A composición e funcionamento da Xunta veñen definidas polo Regulamento da institución.
Desde 2018 brindamos acceso ás actas das xuntas de coordinación que celebramos.
2019
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño |
Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro |
2018
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño |
Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro |
É o defensor do pobo de Galicia. Un alto comisionado do Parlamento de Galicia ao servizo do cidadán, para garantir, con independencia, os dereitos constitucionais e estatutarios e o principio de boa administración.
Se che negan un dereito, sénteste discriminado ou es vítima de abuso, pídenos axuda, podemos defenderte.
Defender os teus dereitos como cidadán, e investigar se a administración pública galega cometeu contigo algunha irregularidade, erro, abuso, arbitrariedade ou neglixencia.
No caso de que así sexa, pode intervir para que o órgano afectado (concello, consellería, deputación, universidade etc.) corrixa a súa actuación.
Podemos realizar tamén suxestións ou recomendacións para que os poderes públicos realicen melloras que beneficien a todos.
O Valedor do Pobo ofrece un servizo gratuíto de atención ás persoas que asiste a todo o mundo que se achega a el para realizar unha consulta ou presentar unha queixa.
Escoitamos sempre á xente que se dirixe á institución e estamos en permanente contacto con entidades que representan a colectivos necesitados de atención.
Abrimos as nosas investigacións a propia iniciativa ou a través das vosas queixas. En función destas podemos solicitar informes ás partes e emitir resolucións para corrixir actuacións das administracións galegas, en caso de ser necesario.
Como alto comisionado do Parlamento de Galicia, estamos obrigados a enviar e resumir ante o pleno da Cámara un informe anual da actividade e/ou os que con carácter extraordinario (sobre temas socialmente alarmantes) podamos emitir en cada momento.
Simplemente necesitas identificarte e describir o teu problema ben en persoa na sede da valedoría (Rúa do Hórreo número 65 de Santiago de Compostela) ou remitirnos o teu caso:
Por carta ao enderezo: Valedor do Pobo. Rúa do Hórreo 65. 15700 Santiago de Compostela.
Por fax ao número: 981 572 335.
Se nos chamas ao 981 569 740 tomaremos nota da túa reclamación.
Por correo electrónico a: valedor@valedordopobo.gal
Cubrindo o formulario dispoñible na nosa web: www.valedordopobo.gal o www.valedordopobo.com
Por medio das redes sociais, enviando unha mensaxe privada a twitter (@Valedordopobo) o Facebook (Valedor do Pobo).