Información sobre persoal e altos cargos

Transparencia é a posibilidade de acceso que ten a cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística das institucións e organismos públicos.

Como Valedor do Pobo promovemos a transparencia da actividade pública, velamos polo cumprimento das obrigas de publicidade, salvagardamos o exercicio do dereito de acceso á información pública e garantimos a observancia das disposicións de bo goberno na comunidade galega.

Persoal e altos cargos

ALTOS CARGOS DA INSTITUCIÓN DO VALEDOR DO POBO

 

Segundo o disposto no artigo 8 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, “O valedor do pobo estará auxiliado por un adxunto en quen poderá delegar as súas funcións e que o substituirá no exercicio destas”.

A institución conta por tanto con dous altos cargos: a valedora do pobo e o seu adxunto.

Quen é a Valedora do Pobo?

Dolores Fernández Galiño

 

– Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986).

 

– Diplomada en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986).

 

– En 1989 superou as oposicións de ingreso na Carreira Xudicial e tamén as oposicións de ingreso na Carreira Fiscal.

 

– Na Carreira Fiscal  dende o seu ingreso, coa categoría de avogada fiscal – situación de excedencia.

 

– Na Carreira Xudicial foi destinada, de 1990 a 1992, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción 1 de Ponteareas – Pontevedra.

 

– Ascendeu en 1992 á categoría de Maxistrada, con destino de 1992 a 2001 no Xulgado do Social 2 de Pontevedra.

 

– Dende 2001, destinada na Sección 2ª da Audiencia Provincial de A Coruña.

 

–  Especializada de Dereito Civil de Galicia, e o coñecemento da lingua galega;  nativa bilingüe.

Quen é o adxunto da Valedora do Pobo?

María Xosé Porteiro

Retribución dos altos cargos

Retribución altos cargos (outubro 2018)

Valedor/a. Soldo: 74.801,30 . Gastos de representación: 10.960,80 . Gastos de libre disposición: 10.960,80 . Total/ano: 96.722,90

Adxunto/vicevaledor. Soldo: 55.963,04. . Gastos de representación: 8.407,44. Gastos de libre disposición: 8.407,44.  Total ano: 72.777,92.

Réxime de protección social e/ou aseguramento persoal

A valedora do pobo pertence á MUFACE (Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado) co que conta cun réxime especial de aseguramento, de caráter mutualista, diferente do Réxime Xeral da Seguridade Social.
O adxunto pertence ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

Reciben indemnizacións por cese os altos cargos do Valedor?

Non perciben ningunha indemnización por esta razón.

Compatibilidades

O Capítulo II (artigos 6 e 7) da Lei 6/1984, de 18 de xullo, do Valedor do Pobo, establece o réxime de prerrogativas e incompatibilidades para o valedor do pobo, extensibles ao seu adxunto.

Artigo 6

1. O valedor do pobo de Galicia non estará suxeito a ningún mandato imperativo. Non recibirá instrucións de ningunha autoridade. Desempeñará as súas funcións con autonomía e segundo o seu criterio.

2. O valedor do pobo gozará das prerrogativas e garantías necesarias para o cumprimento da súa función, de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 7

1. A condición de valedor do pobo é incompatible con todo mandato representativo, cargo político ou actividade de propaganda política, coa permanencia en servizo activo de calquera Administración Pública; coa condición de membro de partido político ou co desempeño de funcións directivas nun partido, sindicato, asociación ou fundación, ou co emprego ao servizo destes; co exercicio das carreiras xudicial e fiscal ou de calquera actividade profesional, xudicial, mercantil ou laboral.

2. O valedor do pobo deberá cesar na situación de incompatibilidade na que se encontre antes de tomar posesión do cargo. No caso contrario entenderase que non acepta o nomeamento.

3. No suposto de incompatibilidade sobrevida, entenderase que renuncia ao cargo na data en que se teña producido aquela.

Reciben dietas polos seus desprazamentos e gastos derivados?

Non perciben ningunha compensación por esta razón.

Relación de postos de traballo

Relación de postos de traballo: RPT (BOPG 17 de outubro de 2017): RPT 2017

Organización do persoal

VALEDORA DO POBO

Milagros Otero Parga

ADXUNTO Á VALEDORA DO POBO

Pablo Cameselle Martínez

SECRETARIO XERAL

Fernando Luís de Andrés Alonso

COORDINADORA XERAL

Beatriz González Moreno

XEFA DO SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN E PERSOAL

María Puy Fraga

XEFE DO SERVIZO II

Santiago González Serrano

 RESPONSABLES DE ÁREA

 

ÁREA A: EMPREGO PÚBLICO

Submaterias que leva: emprego público

Persoa responsable: Nuria Palmero Sande

ÁREA B: URBANISMO

Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda

ÁREA C: MEDIO AMBIENTE

Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre

ÁREA D: EDUCACIÓN

Persoa responsable: Beatriz González Moreno

ÁREA E: INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

Submaterias que leva: industria, gas, defensa do consumidor, comercio e turismo

Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado

ÁREA F: AGRICULTURA, GANDERÍA E PESCA

Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado

ÁREA G: SERVIZOS SOCIAIS

Persoa responsable: Fernando Luís de Andrés Alonso

ÁREA H: EMIGRACIÓN E TRABALLO

Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda

ÁREA I: SANIDADE

Persoa responsable: Nuria Palmero Sande

ÁREA K: XUSTIZA

Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda

ÁREA L: ADMINISTRACIÓN ECONÓMICA E TRANSPORTES

Submaterias que leva: tributos, impostos, contribución territorial e transportes, bancos, seguros.

Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre

ÁREA M: OBRAS PÚBLICAS E EXPROPIACIÓNS

Submaterias que leva: estradas, portos, costas, expropiación forzosa

Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre

ÁREA N: CORPORACIÓNS LOCAIS, SERVIZOS MUNICIPAIS E PROTECCIÓN CIVIL

Submaterias que leva: servizos municipais e dominio público municipal, protección civil

Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado

ÁREA O: MENORES

Persoa responsable: Beatriz González Moreno

ÁREA P: CULTURA E DEREITOS LINGÜÍSTICOS

Persoa responsable: Beatriz González Moreno

ÁREA R: SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Submaterias que leva: administración electrónica, protección de datos, medios de comunicación

Persoa responsable: Isabel Alvite Menor

ÁREA S: IGUALDADE DE XÉNERO

Persoa responsable: María Puy Fraga

ÁREA T: TRANSPARENCIA

Persoa responsable: María Puy Fraga

ÁREA U: VIVENDA E DESAFIUZAMENTOS

Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre

           ÁREA V: SEGURIDADE CIDADÁ E PROTECCIÓN CIVIL

Submaterias que leva: seguridade cidadá, tráfico e protección civil

Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda

ÁREA X: DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE ORIENTACIÓN SEXUAL E IDENTIDADE DE XÉNERO

Persoas responsables: Beatriz González Moreno e Nuria Palmero Sande

ASESORA TÉCNICA DE TRANSPARENCIA, INFORMACIÓN PÚBLICA E COMUNICACIÓN

Isabel Alvite Menor

RESPONSABLE DA UNIDADE DE ASUNTOS ECONÓMICOS E RÉXIME INTERIOR

Juan Neiro Pulleiro

XEFA DE SECCIÓN DE APOIO E TRANSPARENCIA

María Beatriz Moltó Roibal

2corpo administrativo copia

SERVIZO DE CONSERXERÍA

Gonzalo Feijóo Guillán

David Fernández Hermo

Xan Nogueira Villar

CONDUCTOR

José Antonio Rama Tajes

Réxime de protección social s/ou aseguramento persoal

Todo o persoal ao servizo do Valedor do Pobo pertence ao Réxime Xeral da Seguridade Social, agás dous funcionarios que pertencen á MUFACE (Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado) co que contan cun réxime especial de aseguramento, de caráter mutualista, diferente do Réxime Xeral da Seguridade Social.

Retribucións do persoal eventual e funcionarios

Retribucións do persoal eventual e funcionarios, actualizado con data de setembro de 2018

Descargue EN XLS

Condicións dos traballadores

Regulación das condicións de traballo

Por tratarse a institución do Valedor do Pobo dun alto comisionado do Parlamento de Galicia, o persoal que traballa ao seu servizo ríxese polas condicións de traballo da Cámara galega:

Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia

Compatibilidades

Non existe na actualidade autorizacións ou recoñecemento de compatibilidade que afecten ao persoal do Valedor do Pobo.

O Valedor do Pobo carece de oferta pública de emprego.

O persoal específico do Valedor do Pobo carece na actualidade de representación sindical propia.